SELECCIÓN FEBREIRO 2018

3 botellas | Alborexar | 30,65 €

1 O Alborexar 2016

1 O Alborexar 4.0 2016

1 O Alborexar garnacha 2017

Alborexar

Alborexar

6 botellas | Alborexar | 57,75 €

2 O Alborexar 2016

2 O Alborexar 4.0 2016

2 O Alborexar garnacha 2017

Alborexar

Alborexar

Este mes o club de videvide.net ofrece cun desconto do 10% envío incluído, unha selección de presentación do proxecto O Alborexar no Ribeiro.

Diversos anhelos xorden na cabeza de catro amigos apaixonados dos viños que deciden pór a disposición dun fin maior o seu traballo, as súas terras e as súas uvas como catalizador para forxar un novo proxecto. Para a labra desta iniciativa buscouse pór en valor uns viñedos maioritariamente antigos e unha maneira de traballar tradicional que na actualidade está tendendo a desaparecer.

Os principios que se seguen son: a recuperación de parcelas con variedades autóctonas tintas, que contan con diferentes orientacións, solos, microclimas e clons. Estas parcelas ao seren plantacións antigas non están adaptadas ao traballo mecánico polo que a intervención no cultivo faise de xeito manual, o que axuda a non perder a tipicidade das súas variedades e permite conseguir viños máis complexos.

Vinifícanse por separado as distintas parcelas, fixando o respecto polos métodos antigos de elaboración, sempre mantendo a personalidade da materia prima en aras da máxima personalidade e complexidade. “Viños que transmitan o que se fai na viña, que perduren no tempo e que teñan identidade propia.”

O Alborexar 2016

Zona de produción: D.O. Ribeiro

Concello: Castrelo de Miño

Produce: O Alborexar no Ribeiro

Variedades: Sousón, brancellao, caíño e ferrón

O Alborexar 4.0 2016

Zona de produción: D.O. Ribeiro

Concello: Castrelo de Miño

Produce: O Alborexar no Ribeiro

Variedades: Mencía

O Alborexar garnacha 2017

Zona de produción: D.O. Ribeiro

Concello: Castrelo de Miño

Produce: O Alborexar no Ribeiro

Variedades: Garnacha