VIDE, VIDE! Espazo enocultural dispón dunha tenda para a venda directa en Santiago de Compostela, con sala de catas e actividades. Somos unha tenda especializada en viños galegos no centro de Santiago de Compostela con vocación divulgadora da cultura do viño.
Estamos no nº 10 da rúa da Fonte de Santo Antonio.

Visualizar o mapa ampliado
Podes atopar una ampla selección de viños galegos, alimentación, artesanía e complementos do viño, libraría e licores.


Os nosos servizos son:

Actividades

Programación de cursos de cata, presentación de adegas e viños, degustacións, actos enoculturais, visitas a adegas e actividade cultural en xeral.

 

Grupos de cata

Creade o voso propio grupo de cata en VIDE, VIDE! para coñecer e probar distintos viños de xeito periódico ou esporádico. Organizamos catas para particulares, unha alternativa distinta e orixinal para as túas celebracións. Falamos!

Viño para eventos

En VIDE, VIDE! podes facerte co viño adecuado para a túa celebración (xantares familiares e de empresa, vodas, etc). Viños de calidade, bos prezos, asesoramento e proba do viño en tenda. Con confianza.

Reparto a domicilio

Levámosche a túa caixa de viño a casa sen custe adicional desde 6 botellas (En Santiago de compostela).

Viño a granel

Dispoñemos de viño branco e tinto a granel que podes adquirir en botellas de 75 cl ou en bag-in-box de 15 litros.


Reutilización de botellas

Recollemos os teus envases baleiros para a súa reutilización.