SELECCIÓN DECEMBRO 2015

3 botellas | Outros albariños | 39,30 €

1 KOMOKABRAS 2014

1 EIDO DA SALGOSA 2014

1 SIN PALABRAS 2014

 

Seleción Decembro 2015 Club Vide, Vide!

Seleción Decembro 2015 Club Vide, Vide!

6 botellas | Outros albariños | 74 €

2 KOMOKABRAS 2014

2 EIDO DA SALGOSA 2014

2 SIN PALABRAS 2014

 

Seleción Decembro 2015 Club Vide, Vide!

Seleción Decembro 2015 Club Vide, Vide!

En decembro o club de videvide.net ofrece unha selección de viños elaborados coa variedade albariño en 2 subzonas distintas da D.O. Rías Baixas, Ribeiras do Ulla e O Rosal, e na Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Viños da Terra de Barbanza e Iria.

 

Albariños de bos produtores que buscan a calidade dos seus viños desde a calidade da viticultura, para obter unha boa uva na viña. Unha selección que nos permite comprobar a importancia da zona e do terroir nos viños, elaborados coa mesma variedade de uva e tan distintos entre si.

 

3 proxectos con paixón detrás, con xente nova formada e con experiencia, que aposta por poñer en valor zonas de viticultura histórica e unha das mellores variedades de uva do mundo, unha variedade necesitada de cariño e comprensión, de bo facer. Con estas mans, o albariño recobra todo o seu esplendor.

 

KOMOKABRAS 2014

Zona de produción: IXP Viños da Terra de Barbanza e Iria

Concello: A Pobra do Caramiñal

Produce: José Crusat

Variedades: Albariño

 

EIDO DA SALGOSA 2014

Zona de produción: D.O. Rías Baixas

Concello: Tomiño

Produce: Manuel Calzado

Variedades: Albariño

 

SIN PALABRAS 2014

Zona de produción: D.O. Rías Baixas

Concello: Vila de Cruces

Produce: Adegas Castro Brey

Variedades: Albariño