SELECCIÓN FEBREIRO 2015

3 botellas | Couto Mixto | 33,50€

2 COUTO MIXTO TINTO 2013

1 COUTO MIXTO BRANCO 2013 

Seleción Febreiro 2015 Club Vide, Vide!

Seleción Febreiro 2015 Club Vide, Vide!

6 botellas  | Couto Mixto | 59,90€

4 COUTO MIXTO 2013

2 COUTO MIXTO BRANCO 2013

 

Seleción Febreiro 2015 Club Vide, Vide!

Seleción Febreiro 2015 Club Vide, Vide!

 

En febreiro o club de videvide.net ofrece, a un prezo moi especial e co envío incluído, os viños do colleiteiro Xico de Mandín. Tanto o tinto como o branco desta anada 2013, de nova comercialización, veñen de ser recoñecidos con 90 puntos Parker. Viños de feitura natural, elaborados nunhas viñas de castes tradicionais coidadas e respectadas que non precisan de maiores engadidos na vinificación. Fermentados cos lévedos autóctonos. O tinto é pisado en lagar de pedra e vinificado con raspón. Non clarificado nen filtrado. Viños da Raia que reivindican co seu nome, Couto Mixto, os espazos comúns compartidos entre galegos e portugueses, tan presentes tamén nas variedades de uva.

 

COUTO MIXTO TINTO 2013

Ano: 2013

Zona de produción: D.O. Monterrei

Concello: Verín

Produce: Colleiteiro Francisco Pérez Diéguez, Xico de Mandín

Variedades: Mencía, bastardo e caíño.

Grao alcólico: 13% vol

COUTO MIXTO BRANCO 2013

Ano: 2013

Zona de produción: D.O. Monterrei

Concello: Verín

Produce: Colleiteiro Francisco Pérez Diéguez, Xico de Mandín

Variedades: Dona branca, verdello e formosa

Grao alcólico: 13% vol