SELECCIÓN MARZO 2016

3 botellas | Primavera | 34,25 €

1 DIEGO DE LEMOS 2014

1 PANCHÍN 2015

1 ARCÁN 2014

 

Clube_3

6 botellas | Primavera | 64 €

2 DIEGO DE LEMOS 2014

2 PANCHÍN 2015

2 ARCÁN 2014

 

Clube_6

En marzo o club de videvide.net ofrece, a un prezo moi especial e co envío incluído, unha selección de dous tintos e un branco que nos permiten recibir a primavera con viños frescos e diferentes.

DIEGO DE LEMOS 2014

Ano: 2014

Zona de produción: D.O. Ribeira Sacra

Concello: O Saviñao

Produce: Esther Teixeiro

Variedades: Mencía

Primeiro viño galego certificado como procedente de viticultura ecolóxica. O coidado da viña e unha uva sana e de calidade son as premisas de Esther, avoa e pioneira na viticultura galega.

PANCHÍN 2015

Ano: 2015

Zona de produción: Negueira de Muñiz

Concello: Negueira de Muñiz

Produce: Manuel Cancio

Variedades: Mencía

Despois da ausencia na anada 2014, volve este tinto procedente das beiras do río Navia, despois da Fonsagrada e fronteirizo con Asturias. Consolídase a recuperación desta zona vitivinícola histórica.

ARCÁN 2014

Ano: 2014

Zona de produción: D.O. Rías Baixas

Concello: Sanxenxo

Produce: Adega Pombal A Lanzada

Variedades: Albariño

Branco xa referencial desta pequena adega familiar. Leve maceración cos follos da uva e crianza de varios meses sobre lías en depósito de inox. Este 2014 acaba de saír ao mercado: toda unha declaración de intencións.