SELECCIÓN NOVEMBRO 2015

3 botellas | Nadal | 45 €

1 BRINDE

1 O CON

1 XEO

 

Seleción Novembro 2015 Club Vide, Vide!

Seleción Novembro 2015 Club Vide, Vide!

6 botellas | Nadal | 85 €

2 BRINDE

1 O CON

1 SUPER HEROE

2 XEO

Seleción Novembro 2015 Club Vide, Vide!

Seleción Novembro 2015 Club Vide, Vide!

En novembro o club de videvide.net ofrece unha selección de viños pensados para acompañar as celebracións de Nadal. Un espumante de Valdeorras elaborado coa variedade godello, un orixinal viño doce feito con uva xeada e os viños do proxecto persoal do enólogo Xosé Lois Sebio.

 

BRINDE

Zona de produción: DO Valdeorras

Concello: O Barco de Valdeorras

Produce: Adega Roandi

Variedades: Godello

Un espumante elaborado polo método tradicional ou “champenoise” cunha segunda fermentación en botella. Refrescante e equilibrado, adecuado para tomar aperitivos e primeiros pratos coas burbullas dun dos nosos godellos. Un brinde galego.

 

XEO

Zona de produción: A Rúa de Valdeorras

Concello: A Rúa

Produce: José Luís Aristegui

Variedades: Mestura de variedades brancas e tintas dos seus viñedos.

Un viño inspirado nos “viños de xeo” mediante a conxelación da uva para concentrar azucres por desidratación. De dozura moderada contrastada cunha rica acidez que o fai fresco e apetecible. A garnacha tintoreira faino froiteiro e rosado, e o godello achégalle un punto de estrutura.

 

O CON

Ano: 2013

Zona de produción: Cambados

Concello: Cambados

Produce: Xosé Lois Sebio

Variedades: Albariño

Proxecto conxunto de Xosé Lois Sebio co viticultor Xurxo Alba a partir dunhas cepas vellas de albariño situadas en Castrelo, Cambados. Crianza en depósito inspirada en elaboracións tradicionais. 14 meses sobre lías.

 

SUPER HEROE

Ano: 2011

Zona de produción: DO Ribeiro

Concello: Leiro

Produce: Xosé Lois Sebio

Variedades: Mestura de cepas moi vellas

Tinto persoal representativo do proxecto Viños de Encostas de Xosé Lois Sebio. Elaborado con uvas das distintas viñas do proxecto, viñas vellas recuperadas e situadas nas zonas altas da pendente das ladeiras, nas encostas de difícil acceso. 14 meses en barricas de 3 usos de 500 litros.