SELECCIÓN ABRIL 2014

3 botellas | Nesta Ourela | 35 €

1 NESTA OURELA TINTO 2012

1 NESTA OURELA TINTO BARRICA 2012

1 NESTA OURELA BRANCO BARRICA 2012


6 botellas | Nesta Ourela | 65 €

2 NESTA OURELA TINTO 2012

2 NESTA OURELA TINTO BARRICA 2012

2 NESTA OURELA BRANCO BARRICA 2012

Selección Abril Club Vide, Vide!

Selección Abril Club Vide, Vide!

 

Presentamos unha selección especial e exclusiva para o noso club. Nesta Ourela son os novos viños de Manuel Cancio (Adegas Panchín), viticultor de Negueira de Muñiz que produce os viños Panchín. Na elaboración dos viños colabora Roberto Regal, un nome consolidado na Ribeira Sacra que non para de xenerar novos proxectos.

 

Negueira de Muñiz está no val do río Navia, administrativamente un concello da provincia de Lugo limítrofe con Asturias. Unha zona vitícola histórica, sen amparo de ningunha denominación de orixe, que está a revivir por si mesma e a ofrecernos novos viños galegos de calidade.

 

Revitalizar a viticultura nunha nova zona de interese, recuperar variedades como o verdello tinto e o branco lexítimo, aportar novos matices e riqueza… son algunhas das importantes achegas deste novo proxecto aos viños galegos. Benvidos sexan!

 

As etiquetas, un aceno ao galego coloquial desa zona, di: “Vin probar el viño que fizo el fillo de Panchín, de uva de solo grixeiro con moito cascaio. Vendimiáronla os amigos de Cancio na Retorta, que non quedou debaxo del agua cuando veu el embalse. Chegou el vecín, sentámonos a comer lacón e cimos, vendo la outra ourela. A lo millor, tamos algo tolos”.

 

Nesta Ourela Tinto 2012

Nesta Ourela Tinto 2012

NESTA OURELA TINTO 2012

 

Ano: 2012

Zona de produción: Negueira de Muñiz

Produtor: Manuel Cancio López (Adegas Panchín)

Enólogo: Roberto Regal

Variedades: Verdello Tinto 80% e Mencía 20%

Grao alcólico: 13%

 

Un verdello tinto (merenzao) de corte atlántico e cepas recuperadas polo viticultor Manuel Cancio. Actualiza a tradición familiar nunha zona vitícola histórica que agora revive en Negueira de Muñiz.

 

Nesta Ourela Tinto Barrica 2012

Nesta Ourela Tinto Barrica 2012

NESTA OURELA TINTO BARRICA 2012

 

Ano: 2012

Zona de produción: Negueira de Muñiz

Produtor: Manuel Cancio López (Adegas Panchín)

Enólogo: Roberto Regal

Variedades: Verdello Tinto 80% e Mencía 20%

Grao alcólico: 13%

 

Viño coas variedades verdello tinto e mencía cunha leve crianza en barrica. Outra vertente do novo proxecto de Manuel Cancio co enólogo Roberto Regal en Negueira de Muñiz.

Nesta Ourela Branco Barrica 2012

Nesta Ourela Branco Barrica 2012

 

NESTA OURELA BRANCO BARRICA 2012

 

Ano: 2012

Zona de produción: Negueira de Muñiz

Produtor: Manuel Cancio López (Adegas Panchín)

Enólogo: Roberto Regal

Variedades: Branco lexítimo 100%

Grao alcólico: 13%

 

O branco lexítimo outra vez protagonista dun novo viño galego. Hai que afacerse. Máis que virán. Interesantes diferenzas coa vertente occidental da variedade. Con crianza en barrica.