SELECCIÓN AGOSTO 2014

3 botellas | Toalde | 41€

3 TOALDE 2013

Seleción Agosto 2014 Club Vide, Vide!

Seleción Agosto 2014 Club Vide, Vide!

6 botellas | Toalde | 79€

6 TOALDE 2013

Seleción Agosto 2014 Club Vide, Vide!

Seleción Agosto 2014 Club Vide, Vide!

En Agosto o club de videvide.net ofrece, a un prezo moi especial e co envío incluído, tres botellas de Toalde, o viño máis persoal do viticultor e enólogo Roberto Regal. Un Ribeira Sacra elegante, de uvas da variedade mencía cultivadas no Saviñao, nas ribeiras do Miño.

TOALDE 2013

Ano: 2013
Zona de produción: D.O. Ribeira Sacra
Produtor: Roberto Regal
Variedades: Mencía
Grao alcólico: 13% vol

Roberto Regal é un viticultor e enólogo afincado nas súas propias orixes, na Ribeira Sacra. Novo, entusiasta, experimentado e prometedor. Toalde é o seu viño máis persoal. A expresión no 2013 das súas viñas do Saviñao, con predominio da mencía, achéganos un viño elegante. Unha elegancia que medra sobre a identidade tradicional dos viños das ribeiras do río Miño. Elegancia á vista na copa, en corpo e cor. De aromática limpa e primaria, de froita vermella fresca que anticipa gustos, de cereixas que repousan nun sutil licor de guindas. Bébese con agrado, cunha estrutura que satisface sen ocupar todo, convidando a compartir, a harmonizar outros praceres. Bébese e refresca, cunha frescura que persiste xunto a taninos gratos e notas especiadas. Con elegancia, a mellor roupaxe da tradición.