SELECCIÓN XANEIRO 2016

3 botellas | Tintos Distintos | 39,90 €

1 PÉ DE PERDIZ 2014

1 CASTES NOBRES 2012

1 SILIUS GARNACHA 2014

 

Seleción Xaneiro 2016 Club Vide, Vide!

Seleción Xaneiro 2016 Club Vide, Vide!

6 botellas | Tintos Distintos | 75 €

2 PÉ DE PERDIZ 2014

2 CASTES NOBRES 2012

2 SILIUS GARNACHA 2014

 

Seleción Xaneiro 2016 Club Vide, Vide!

Seleción Xaneiro 2016 Club Vide, Vide!

En Xaneiro o club de videvide.net ofrece unha selección de viños tintos elaborados con variedades de uva menos habituais. Dous plurivarietais do Ribeiro e Valdeorras, e un monovarietal de Quiroga.

PÉ DE PERDIZ 2014

Zona de produción: D.O. Ribeiro

Concello: Leiro

Produce: Colleiteira Mª Mercedes González

Variedades: Ferrol, caíño, brancellao e sousón.
Pé de Perdiz é a expresión que advirte a chegada da vendima cando as viñas collen esa cor roxiza. Cepas vellas dunha familia con tradición vinícola que, hai dous anos, dan o salto á comercialización dunha marca propia. Un plurivarietal tradicional coidado, gastronómico e con garra de auténtico.

CASTES NOBRES 2012

Zona de produción: D.O. Valdeorras

Concello: A Rúa

Produce: Adega Alán de Val

Variedades: Brancellao (85%), caíño (10%) e sousón (5%).

Elaborado con uvas procedentes da finca A Costiña. Demostración elegante de que hai vida máis alá da mencía, nunha aposta exitosa polas nosas “castes nobres”. Valdeorras cunha entrada atlántica que se agradece. Unha aposta valente dos irmáns Sánchez que non defrauda.

 

SILIUS GARNACHA 2014

Zona de produción: Quiroga

Concello: Quiroga

Produce: Adega Atrium Vitis

Variedades: Garnacha tintoreira.

A marca Silius acolle un novo viño de elaboración tradicional da adega Atrium Vitis: uvas pisadas cos pés, elaboración con raspón e fóra do amparo da denominación de orixe Ribeira Sacra. Procede de cepas de garnacha de 60 anos da finca Caspedro. 14 meses de crianza en tonel usado e botella.