SELECCIÓN XULLO 2017

3 botellas | Envero | 34,35 €

1 Aravo 2016

1 Cavadura Pena do Oso 2016

1 Couto Mixto 2015

Envero

Envero

6 botellas | Envero | 65,60 €

2 Aravo 2016

2 Cavadura Pena do Oso 2016

2 Couto Mixto 2015

Envero

Envero

Este mes o club de videvide.net ofrece, a un prezo moi especial e co envío incluído, unha selección de tres viños de produción limitada de tres zonas de produción distintas, no tempo en que as uvas cambian de cor (envero ou pintor) e inician a súa maduración.

Aravo 2016

Zona de produción: D.O. Rías Baixas, subzona do Condado do Tea

Concello: Arbo

Produce: Beira Aral

Variedades: Albariño

Unha pequena adega de tradición familiar que aposta tamén pola potencialidade da crianza do albariño, neste caso en barrica.

Cavadura Pena do Oso 2016

Zona de produción: D.O. Ribeira Sacra

Concello: Taboada

Produce: Roberto Regal

Variedades: Mencía e outras

Viño dunha finca de Taboada ao pé do río Miño cunha produción de 2000 botellas e un 90% de mencía. Elaboración en inox.

Couto Mixto 2015

Zona de produción: D.O. Monterrei

Concello: Verín

Produce: Xico de Mandín

Variedades: Mencía, caíño, bastarda e outras.

Nova anada deste viño de elaboración natural que Xico (Francisco Pérez Diéguez) elabora na aldea de Mandín (concello de Verín). Pisado da uva en lagar de pedra, raspón e moi boa uva. Anada madura, ben elaborada e con singularidade.