SELECCIÓN XUÑO 2016

3 botellas | Os Mecos | 45 €

1 OS MECOS RASPÓN 2015

1 OS MECOS HOLLEJOS 2015

1 TALENDO SELECCIÓN 2015

Selección Os Mecos

Selección Os Mecos

6 botellas | Os Mecos | 85 €

2 OS MECOS RASPÓN 2015

2 OS MECOS HOLLEJOS 2015

2 TALENDO SELECCIÓN 2015

Selección Os Mecos

Selección Os Mecos

En xuño o club de videvide.net ofrece as novedades recén presentadas polo viticultor de Valdeorras José Luís Aristegui. Dous novos viños máis desenfadados que se suman ás 3 marcas lanzadas nos últimos anos e que tanto agradan a tant@s afeccionad@s ao viño.

Os Mecos son viños libres, atrevidos e espontáneos, de elaboración básica, intuitiva e creativa. Cada un deles está elaborado con uvas dunha única viña. Os recipientes empregados na elaboración foron de distintos materiais: cerámica, barro e madeira. Un proceso de experimentación do propio Aristegui cun resultado satisfactorio no presente e que promete novas voltas no futuro.

O tinto foi fermentado co raspón e o branco macerado cos follos da uva.

Toda esta combinación de elementos ofrécennos dous viños sorprendentes con novas texturas e sensacións ao probalos, ao tempo que consolidan a irrupción de Aristegui en Valdeorras nunha liña de boa viticultura, elaboracións respectuosas e con personalidade, e busca da calidade diferenciada fronte á estandarizada.

Acompañamos a selección de Talendo, un branco plurivarietal do Ribeiro elaborado con uvas seleccionadas de  treixadura e godello, que coñecemos na última Feira do Viño en Ribadavia.

Saúde!

OS MECOS TINTO 2015

Zona de produción: Valdeorras sen D.O.

Concello: A Rúa

Produce: José Luís Aristegui

Variedades: Garnacha tintureira, mencía, brancellao, gran negro

OS MECOS BRANCO 2015

Zona de produción: Valdeorras sen D.O.

Concello: A Rúa

Produce: José Luís Aristegui

Variedades: Godello 100%

TALENDO SELECCIÓN 2015

Zona de produción: D.O. Ribeiro

Concello: Castrelo de Miño

Produce: Adega Gómez Sanmartín

Variedades: Godello e treixadura