SELECCIÓN MAIO 2017

3 botellas | Mencía con orixes | 25 €

1 Estrela 2016

1 Viña Carpazal 2015

1 Bancales 2014

Mencía con orixes

Mencía con orixes

6 botellas | Mencía con orixes | 46,95 €

2 Estrela 2016

2 Viña Carpazal 2015

2 Bancales 2014

Mencía con orixes

Mencía con orixes

Este mes o club de videvide.net ofrece, a un prezo moi especial e co envío incluído, unha selección de tres viños tintos elaborados coa variedade de uva mencía procedentes de tres orixes distintas: Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras.

Estrela 2016

Zona de produción: D.O. Ribeira Sacra, subzona Amandi

Concello: Sober

Produce: Adega D’Fran

Variedades: Mencía

Uvas mencía procedentes dos terroir das parroquias de Doade e Amandi, dúas das zonas de maior tradición e pendente na Ribeira Sacra. Antiga adega familiar actualizada de pequena produción artesanal. Viño con habituais recoñecementos na festa de Amandi.

Viña Carpazal 2015

Zona de produción: D.O. Ribeiro

Concello: Cenlle

Produce: José Antonio Rodríguez

Variedades: Mencía e sousón

Rodri e Cristian, pai e fillo, elaboran este viño en Cenlle, na ladeira leste do Miño ribeirán. Produción limitada de 2000 botellas coa que actualizan unha tradición familiar de máis de 40 anos.

Bancales 2014

Zona de produción: D.O. Valdeorras

Concello: O Barco de Valdeorras

Produce: Adega Roandi

Variedades: Mencía 85%, sousón e albarello (brancellao)

Unha mencía ben acompañada de sousón e brancellao con 6 meses de crianza en barricas de carballo americano e francés. O empeño e paixón do emigrante Rogelio Moral retornado ás súas viñas de Éntoma.