SELECCIÓN DO MES                                               FACERME SOCI@

 

Sendo soci@ do noso Club beneficiaraste de vantaxes exclusivas:

1.- Ser soci@ é de balde.

Ser soci@ é gratuíto e sen cotas. Poderá adquirir voluntariamente unha selección mensual de 3 ou 6 botellas. Se un mes non lle interesa a selección disporá de 10 días para anular o pedido por teléfono ou por correo electrónico. Só ten o compromiso mínimo de adquirir 4 seleccións das 12 que recibirá ao ano. A primeira é obrigatoria.  

2.- Oferta mensual de 3 ou 6 botellas na casa.

Cada mes elaboramos coidadosamente unha selección de viños, na que primarán as nosas novidades, partidas exclusivas e producións limitadas. Isto permitiralle acceder ao longo do ano a unha variada selección de viños de calidade que recibirá na súa casa, coñecendo novas marcas, adegas e viticultores de difícil acceso nas vías de comercialización habituais. Enviaremos por correo electrónico información completa de cada selección previamente ao seu envío.  

3.- Prezos especiais cos gastos de envío incluídos.

O prezo da selección mensual de 3 botellas oscilará entre os 35 e os 45 euros. O prezo da selección mensual de 6 botellas oscilará entre os 65 e os 90 euros. Vostede terá a opción de rexeitar a selección. Estes prezos son prezos finais, con impostos e gastos de envío incluídos. Todas as seleccións terán un prezo final inferior ao valor de mercado, cun desconto mínimo do 10% Xunto co pedido da selección, poderanse pedir outras botellas, que non terán custe de envío adicional.  

4.- Ofertas exclusivas e información en primicia.

Ademais da selección mensual, @s soci@s recibirán ofertas especiais e descontos pola compra de determinados artigos. Tamén recibirán información en primicia de novidades e actividades de VIDE, VIDE!, gozando de prioridade, exclusividade e/ou descontos.