Adega Pombal, a expresión salina duns viños con terroir

Suso e José Mª Rodríguez, as caras visibles de Adega Pombal, coñecen ben o mar. E non é para menos, tendo en conta os anos que a súa familia leva adicándose á cría de mexillóns na ría de Arousa. Isto explica a escolla dos nomes para os seus viños, ligados sempre a este medio.

Dende 2012, a súa paixón trasladouse a terra para dar vida a brancos e tintos con terroir, procedentes de chans de esquistos descompostos e xabre. Terroir , viños que teñen a capacidade de envellecer sen oxidarse, que van perdendo os rasgos da súa variedade para adquirir unha identidade propia: a que lle outorga a conxugación do material vexetal, a viña, o solo, a climatoloxía e a man do viticultor.

rias baixas vino adega pombal“A maxia do terroir é encetar unha botella a cegas e recoñecer a súa orixe; cando o viño non minte”, sinala o francés Dominique Roujou de Boubée, un dos enólogos que ofrece asesoramento á Adega Pombal. A outra parte implicada na elaboración destes viños é a enxeñeira agrónoma Laura Montero.

Formados na Escola de Enoloxía de Burdeos, son partidarios dunha viticultura ecolóxica e artesanal, reforzando as defensas naturais da viña con extractos de plantas e outras prácticas biodinámicas que dan como resultado propostas tan interesantes coma estas:

  • Mytilus Albariño 2016. Monovarietal de albariño cunha produción de 6.000 litros. É intenso en nariz con aromas cítricos e florais. En boca, fresco e lixeiro.
  • Mytilus Tinto 2015Segunda anada deste tinto de Rías Baixas. Lixeiro, moi fluído, con pouco corpo e alcol. Acidez rica, equilibrada, integrada e que achega frescura.

E quedámonos con esta opinión tan certeira de Dominique: “O acto de beber viño é moito máis que beber alcol. Cando abrimos unha botella de viño impregnámonos da paisaxe, a cultura, a historia, a zona que o viu nacer e a filosofía da persoa que o elaborou”.