As 10 feiras do viño galegas que non podes perder este verán (I): xullo

Estreamos verán e chegan con el as feiras en Galicia nas que o viño é o auténtico protagonista, hoxe repasamos as festas de xullo que non podes perder se gozas cos produtos e a cultura da nosa xeografía:
• Os días 8 e 9 a Feira do Tinto Rías Baixas celebra a súa duodécima edición, sitúase nas Neves e nela terán presenza os tintos da terra. Ademais, promete grandes novidades con respecto ás edicións anteriores, pero manterá a tradicional cata de viños que se realiza cada ano, amenizada por diferentes grupos folclóricos.
• O día 15 poderás mesturar música e viños D.O. Ribeiro no Festival Ribeiro Son de Viño, celébrase no Náutico de San Vicente do Mar (O Grove). Contará coas actuacións de Malandrómeda, Escuchando Elefantes, De Vacas, Sen Senra e Kings of the Beach, que porán o seu son aos viños das adegas Alberte, Viña Meín, Viña Costeira, Eduardo Bravo, Villanueva y Son de Arrieiro. Os adegueiros estarán a disposición dos asistentes para guiarlles nas degustacións e conversar sobre os produtos da zona.
• Dende o 14 ao 16 de xullo terá lugar a Feira do Viño do Rosal, que acada xa o cuarto de século e foi declarada Festa de Interese Turístico galego. Participarán nela unha decena de adegas da D.O. Rías Baixas, poderase probar a gastronomía da zona e asistir ás diferentes actividades como exposicións, música, actuacións ou eventos deportivos. É, sen dúbida, un dos eventos imprescindíbeis do verán.
• Tamén na fin de semana do 15 e 16 poderás gozar da Feira do Viño de Valdeorras,
Durante estes días o Barco de Valdeorras acollerá distintas actividades pensadas para os máis cativos e unha cata popular. Para este ano, esperan poder manter ou incrementar as 17 adegas que xa colaboraron na pasada edición.
Se queres máis, non perdas a oportunidade de descubrir as feiras do viño galego do mes de agosto.