As Bateas 2012

As Bateas 2012

As Bateas 2012

A aposta crecente por viños brancos de garda, maduros, fronte aos convencionais viños xóvenes do ano, fai que podamos atopar no mercado anadas de albariño do 2012, como neste caso. A por el.

A adega Pombal A Lanzada de Sanxenxo conta co asesoramento de Laura Montero e Dominique Roujou. Anos despois de pasar pola faculdade de enoloxía de Burdeos, decidiron afincar a súa vida e unha boa parte dos seus proxectos vitivinícolas en Galiza. Con este apoio, esta familia de bateeiros e produtores tradicionais de viño sacan adiante botellas que se atopan entre as máis interesantes do panorama actual de Rías Baixas.

Dicir que As Bateas é un viño diferente, non sería aplicar gratuítamente un tópico recorrente neste mundo. É moi diferente. Crianza de 13 meses sobre lías en inox. Arrecendo a mar e argazo.

Podes mercalo aquí.