Canción de Elisa 2015

Canción de Elisa 2015

Canción de Elisa 2015

Adega Dona Elisa elabora desde o 2013 este branco en Santo André, Ribadavia, na histórica denominación Ribeiro. Como é tradicional nesta zona vitivinícola, e noutras do mundo, o viño é plurivarietal, combina distintas variedades de uva para achegarlle as súas distintas cualidades e gañar complexidade. A treixadura, esencia da personalidade dos ribeiros, concede estrutura, elegancia e sutileza. Albariño e godello incrementan a intensidade aromática e o carácter froiteiro.

Falamos dunha adega familiar, de pequena e coidada produción, de colleiteiro; figura diferenciada das adegas por vinificaren necesariamente cada ano con uvas das súas propias viñas.

É untuoso, cunha evolución moi positiva na copa, para gozar del descubrindo novos matices en cada grolo. Unha delicia esta Canción de Elisa.