Arquivo da categoría: Uncategorized @gl

Pinka 2015

Pinka 2015

Pinka 2015

Pinka 2015 é como di “finca” a nena de 6 anos que debuxou a etiqueta do viño no cole. Jorge  Pérez xunta a paixón polo viño coa paixón polo seu entorno familiar e vital.

Todo isto impulsa os pasos no soño, xa real, de facer os seus propios viños.

Fíxose cunha adega derruída dun pazo en Lentille (Cenlle), para restaurala e revivir 400 anos de antigüedade.

Alí facía viño toda a aldea, nunhas condicións excepcionais por estar parcialmente soterrada e conservar todo o ano unha temperatura estábel de 4 ou 5 graos.

 

O caíño branco é unha uva que se usaba no Ribeiro e noutras zonas para achegar acidez aos viños que non a tiñan. Jorge fai o Pinka só con caíño branco, e dálle tempo para integrala e suavizar o viño. Aprendeu do seu avó a dar tempo ás cousas boas, cando facía o viño da casa. Por iso nos vén agora cun 2015.

 

Nove Queipos 2015

Nove Queipos tinto 2015

Nove Queipos tinto 2015

“O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos”.

Con esta cita de Castelao na etiqueta, a adega Solaina Minei de Castrelo de Miño comercializa distintos viños de interese.

No 2008 nace O Polígono Agrario da Asociación “As Bouzas”, un proxecto de produción vitivinícola. Participan ao redor de 40 viciñ@s do núcleo das Bouzas que crearon unha sociedade limitada para traballar conxuntamente.

Actualmente son sobre 54 soci@s, todos eles viticultores ou fill@s de viticultores que, antes de que as viñas quedasen ermas, xúntanse para facer realidade este proxecto.

O seu Nove Queipos 2015 tinto é unha produción limitada con 6 meses de crianza en barrica de carballo e elaborado coas variedades mencía, sousón, caíño e brancellao. Adecuado para días de entroido e frío.

Tarabelo 2013

Tarabelo 2013

Tarabelo 2013

 

Arco da Vella produce con fidelidade ás raíces este tinto do Ribeiro.

Arco da Vella é a adega do Eladio, en Beade, un produtor con conciencia plena da historia e da tradición que hai detrás; da dimensión cultural do mundo do viño; do respecto á terra e á viña para non agredila; da calidade que aporta o mimo artesanal.

Tarabelo 2013 conxuga 4 variedades de uva tintas ancestrais: sousón, caíño longo, brancellao e ferrón.

Unha combinación tradicional na zona que permite aos viños harmonizar as notas peculiares e distintas de cada uva, buscando o prezado equilibrio do viño xa desde a viña. Sigue lendo