Cavadura 2015

Cavadura 2015

Cavadura 2015

Neste viño xúntanse dúas cualidades prometedoras para a produción de tintos na Ribeira Sacra.

Aparece como plurivarietal, dando valor a ser un Ribeira Sacra e non “un mencía”. Con distintas variedades de uva é máis doado atopar viños verdadeiramente  equilibrados e máis complexos de xeito natural, desde a viña. Neste caso leva mencía, garnacha tintoreira e grau (grao/gran) negro, esta última cunha achega interesante e diferenciadora.

Aparece tamén cunha crianza elegante en barrica, sen pretender marcar a madeira nin tapar a esencia primaria do viño. Unha única barrica grande, de 500 litros, de varios usos e de carballo francés. Produción limitada de 600 botellas.

Proxectos de bos viños, coa pegada dos 2015 do enólogo Roberto Regal. Desde Taboada, subzona Chantada norte, alto Miño viñateiro.