Chegou o verán por José Crusa

Coñece a opinión de José Crusa sobre este ribeiro: 

Imos falar dun viño do Ribeiro sinxelo pero honesto, un viño para gozar agora que chegan as calores do verán. Onde aparece reflectida a súa orixe, un viño que ademais nos leva a recordos da nenez, de familia, de praia.

AlbariñoUn viño de mestura de castes, que volvo a repetir para min é a característica principal do Ribeiro. Onde cada unha das uvas aporta o seu anaco para crear un viño completo. Temos albariño, loureira e treixadura. A treixadura é unha uva complexa no seu cultivo que pode quedar falta de acidez se madura en exceso, pero que coa mestura con outras variedades compénsanse e confiren unha complexidade que non podería lograrse en solitario. E aí están a albariño conferindo corpo e a loureiro aportando a lixeireza e acidez necesarias.
Todo elo con cepas de boa idade dunha media de 30 anos, e en chans graníticos e areosos que nos dan viños mais frescos. Con orientación do nacente ao poñente aportando unha orientación óptima para a maduración das uvas. Terreos secos de baixa humidade que permiten un traballo en viña reducindo produtos ao estritamente necesario.
O viño presenta unha cor amarela con lixeiros dourados indicándonos que é un viño maduro, que non é xove sen mais. Nos aromas amosa intensidade sendo complexo, froitas de pepita, cítrico, cunha mazá ben madura da albariño, toques balsámicos de mimosa, e fiúncho que aporta a loureira e no fondo notas ameladas dunha treixadura madura. Na boca se nos presenta cun grao alcohólico compensado coa acidez, boca media, doces e lixeiro amargor final.
Como maridaxe deste viño, venme a mente a praia, sexa río ou mar, baixo a sombra dos piñeiros, co viño ben fresco e gozando daquelo que non se debe de perder, a fiambreira, cunha tortilla de patacas ou incluso un filete de porco empanado, cunha sandía fresca como sobremesa.

FICHA:
Viño Pé de Perdiz Branco 2014
Adega: Pé de Perdiz – D.O. Ribeiro
Albariño, Treixadura e Loureira
Grao: 13º
Prezo: 8€
Onde mercalo? Este ribeiro está na nosa web e na nosa tenda, Vide, Vide! (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10) .

**Se tamén queres coñecer a impresión de Lorena Costa sobre este branco podes facelo aquí.