CLUB FEBREIRO 2019

 

3 botellas|Boas Uvas| 41,70 €

  • 1 Señor Cuco no carballo 2016
  • 1 Roandi tinto 2017
  • 1 L’ombre 2017
Club Videvide Febreiro 2019

Club Videvide Febreiro 2019

 

6 botellas|Boas Uvas| 79,85 €

  • 2 Señor Cuco no carballo 2016
  • 2 Roandi tinto 2017
  • 2 L’ombre 2017
Club Videvide Febreiro 2019

Club Videvide Febreiro 2019

Este mes o club Febreiro 2019 de videvide.net ofrece, cun desconto do 10% envío incluído, unha selección de 3 viños, 2 tintos e 1 branco de distintas zonas e elaborados con algunhas das nosas variedades de uva autóctonas máis interesantes.

Señor Cuco achéganos desde o Condado un Rías Baixas tinto con sousón, pedral, espadeiro e caíño, variedades ancestrais dunha zona historicamente afamada polos seus tintos atlánticos.

Roandi é unha nova elaboración da adega do mesmo nome en Éntoma, no Barco de Valdeorras, e que aposta pola calidade da uva sousón para os nosos tintos complementada coa mencía.

Finalmente L’ombre achéganos o buque insignia de Jorge Pérez no Ribeiro, cun monovarietal da súa uva principal: a elegante, seria, sutil e estruturada treixadura.

  • Señor Cuco no carballo 2016

  • Zona de produción: DO Rías Baixas, subzona Condado
  • Concello: As Neves
  • Produce: Entrevideiras Viños
  • Variedades: Sousón, pedral, espadeiro e caíño
  • Tinto de produción limitada a 834 botellas e con 9 meses de crianza en barricas de carballo

  • Roandi tinto 2017

  • Zona de produción: DO Valdeorras
  • Concello: O Barco de Valdeorras
  • Produce: Adega Roandi
  • Variedades: Sousón e mencía
  • Tinto elaborado en inox

  • L’ombre 2017

  • Zona de produción: DO Ribeiro
  • Concello: Cenlle
  • Produce: Adega Lombre, Jorge Pérez
  • Variedades: Treixadura
  • Branco elaborado en inox