SELECCIÓN MARZO 2014

 

3 botellas | Ronsel do Sil | 45 €

1 ALPENDRE MERENZAO 2012

1 VELUVEYRA MENCÍA 2012

1 VELUVEYRA GODELLO 2011


6 botellas | Ronsel do Sil | 90 €

2 ALPENDRE MERENZAO 2012

2 VELUVEYRA MENCÍA 2012

2 VELUVEYRA GODELLO 2011

Selección Marzo Club Vide, Vide!

Selección Marzo Club Vide, Vide!

Ronsel do Sil é unha adega situada en Parada do Sil, dentro da denominación de orixe Ribeira Sacra, na subzona Ribeiras do Sil. O ano 2012 é a 2ª anada de comercialización de viños deste proxecto orientado á elaboración de viños de alta calidade. A experiencia xa é moi satisfactoria, e o seu método de traballo alumea un futuro de goce para os nosos sentidos cada vez que nos acheguemos aos productos de Ronsel do Sil.

 

Alpendre

Alpendre

ALPENDRE 2012

Ano: 2012

Zona: DO Ribeira Sacra

Produce: Adega Ronsel do Sil

Localidade: Parada de Sil

Variedades: Merenzao

Grao alcólico: 13,5%

Chama a atención ao servilo unha cor salmón de capa baixa, característica da variedade merenzao. Fino, elegante, sutil, expresión logradísima dos novos e escasos monovarietais de merenzao. Un viño galego que nos traslada ás paisaxes da Borgoña e á súa reputada pinot noir.

 

Veluveyra Mencía

Veluveyra Mencía

VEL’UVEYRA MENCÍA 2012

Ano: 2012

Zona: DO Ribeira Sacra

Produce: Adega Ronsel do Sil

Localidade: Parada de Sil

Variedades: Mencía

Grao alcólico: 13%

Viño cun perfil atlántico de corte equilibrado, limpo e elegante. Con este mencía a adega amosa a súa vocación de expresar con fidelidade zona e variedade cunha coidada elaboración artesanal.

 

Veluveyra Godello

Veluveyra Godello

VEL’UVEYRA GODELLO 2011

Ano: 2011

Zona: DO Ribeira Sacra

Produce: Adega Ronsel do Sil

Localidade: Parada de Sil

Variedades: Godello

Grao alcólico: 13,5%

Un branco extraído de cepas de godello asentadas sobre granito. Frescura e suavidade nun godello consistente que suma á denominación galega con maior producción de tintos, un novo branco de bo merecer.