Couto Mixto 2014

Couto Mixto Branco

Couto Mixto Branco

Couto Mixto é un viño de terroir libre e de fraternidade galego-portuguesa. As variedades de uva delatan fronteiras comúns nos periodos históricos de maior expasión vitícola: provincia romana e reino medieval. Cultívase na raia, en Mandín, sul de Verín. Pola estrada chegamos a Chaves. Ou polo río Támega, desembocando desde Mandín por un afluente de nome revelador: Regueiro das Videiras.

Alí concede dereito de asilo o viticultor Xico de Mandín. No terreo: boas uvas de viñas coidadas de xeito natural. Tradición. Con acios vizosos de dona branca, verdello e formosa faise o viño. Na adega: o elemental.

Complexidade e evolución de aromas igual a calidade. Gozade entre perfumes florais, froita e herbas aromáticas. Bebede un branco cremoso de frescor envolvente. Tárdase en esquecer este Monterrei.