D’Arvelos 2014

D'Arvelos

D’Arvelos

 

Empecemos por viaxar ás nosas orixes, aos aromas e sabores perdidos, auténticos, abeirados nun tempo e hoxe gabados tamén fóra.  O caíño tinto é unha variedade de uva que provén da liñaxe xenética máis importante e ancestral do noso país, a do caíño bravo. Con orixe atlántica-occidental, dela proveñen tamén o albariño, caíño branco, sousón, brancellao,…

O viticultor Lino Padín continúa o traballo do seu pai elaborando este monovarietal de caíño tinto na zona de Vilalonga, Sanxenxo; un viño amparado pola Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Val do Salnés.

É un viño lixeiro, fluído e fresco na boca que, con sutileza e sen estridencias, amósanos a variedade pura e limpa. Levarache a unha paraxe costeira, terra, vexetación silvestre, silveiras, amoras e, si, tamén eucalipto. Respira.