Diego de Lemos 2014

Diego de Lemos 2014

Diego de Lemos 2014

Diego de Lemos foi dirixente irmandiño no xéculo XV, “no tempo en que os pardais correron tras dos falcóns”. Outro Diego chegado a Chantada de terra de Lemos e avó de Esther Teixeiro, completa a inspiración de etiqueta e nome deste Ribeira Sacra.

Esther, avoa da viticultura galega, concluíu hai xa anos que, sendo o viño para beber, era boa cousa que fose ben san. Desterrou da súa viña certos produtos, e segue a facer o primeiro viño galego certificado de viticultura ecolóxica.

A mencía acompaña moi ben a lixeireza dos viños desta zona e fainos bos de beber. “Son moi serios estes viños chantadinos, cun corpo levián e suave, e aínda que tintos pódense beber frescos”, dicíanos xa Álvaro Cunqueiro. Primario e froiteiro coa pegada e a personalidade que os anos de Esther deixan no seu viño.