Domus 2011

Domus 2011

Domus 2011

Roandi é unha adega familiar de Éntoma, Barco de Valdeorras, cos seus propios viñedos alí. Rogelio Moral non esqueceu as súas viñas como emigrante en Suíza. Levou os seus viños por Europa pero quería mostralos na súa terra. O comercio de pizarra e pedra para construción axudou a realizar a súa paixón polo viño. Nova adega, nova casa.

O 2011 de Domus é primeiro e aínda único deste viño no mercado. Unha declaración de intencións. A variedade dominante: sousón. Para algúns, a tinta galega máis apta para viños de garda. Un chisco de albarello e de mencía. A elaboración: unha prolongada crianza. 12 meses en barricas de carballo americano e francés. Despois outro ano en botella.

Aromas de vainilla e tostados, con froita madura. Redondo e sedoso na boca con predominio da froita. Domus é o fogar.