Dpieiga A Marcada 2015

Dpieiga A Marcada 2015

Dpieiga A Marcada 2015

Francisco Javier Sanromán Lledín e a súa familia construíron coas súas mans a adega Sidrón en Pieiga, Negueira de Muñiz. Coma un mosaico, cubriron as paredes, peza a peza, con anacos da mesma lousa que enche os solos da paisaxe vitivinícola espectacular que se ergue ás beiras do río Navia.

A Marcada é unha finca con orientación sur deitada sobre o río. Cepas vellas; aparentemente desordenadas nunhas fileiras non trazadas por enxeñeiro ningún; cultivo tradicional en vaso nas zonas abertas fronte á parra de madeira nas beiras das casas e camiños; gavias xenerosas anteriores á chegada de maquinaria e pensadas para compartir cultivos.

Verdello tinto (merenzao, bastardo), tinto serodo (albarín tinto, alfrocheiro preto) e mencín (mencía). Un viño cálido, orixinal, auténtico, de “terroir”, galego.

Podes mercalo aquí.