D’PIEIGA “A MARCADA”: Entre montañas e lousas

Coñece a opinión de José Crusa sobre este tinto: 

Imos falar dun viño fronteirizo, fóra das zonas máis coñecidas de produción de viño de Galicia, os viñedos e adega se atopan na montaña luguesa, no concello de Negueira de Muñíz a carón do embalse de Salime no linde con Asturias. Xa falaramos noutra ocasión desta zona cos viños brancos a partires da variedade Branco Lexitimo, pero desta volta ímos falar dun viño tinto.VERDELLO TINTO, TINTO SERODIO Y MENCÍA

Trátase pois dun viño produto da mestura de uvas tintas onde a Merenzao aporta a estrutura principal, pero onde o carácter é cousa do Tinto Serodio e ca presenza da mimética Mencia nunha pequena porcentaxe. A combinación é moi interesante xa que se traballan con dúas uvas asentadas na zona, pero ben diferentes, sendo a Merenzao (ou Trouseau en Francia) unha uva de ciclo curto e maduración temperá, mentres o Tinto Serodio (ou Afrouxeiro en Portugal) é de ciclo longo e maduración tardía. O milagre ben da man do terreo e da ubicación; a altura freando á Merenzao, e os chans de lousa e xisto aportando a quentura necesaria para a maduración do Serodio. A partires de aquí a cousa xa é o bo facer dos adegueiros Francisco e Rosa Sanromán, e a colaboración co enólogo Roberto Regal no proxecto.

No nariz resalta a froita vermella, fatóns e moras, lixeiramente licoroso e que despois dun tempo na copa nos deixa apreciar toques de terra húmida e pementa negra. De cor é un viño que presenta unha capa media, vibrante limpo e con tonalidade granate. A boca é fresca, longa, persistente, astrixencia medida, áspera suavidade, froita madura vermella e negra.
Como acompañamento podemos optar por uns chipiróns a prancha e unha raia con allada, sinxelo pero saboroso, que nos acompaña nestas noites de fin de verán nas que xa se comezan a notar frescos do vindeiro outono, noites de rebequiña.

FICHA:
Zona: Negueira de Muñiz
Año:2016
Bodega: Adega Sidrón
Variedad de Uva: Verdello Tinto, Tinto Serodo e Mencía
Grado Alcohóilco: 13.5%
Prezo: En torno aos 16€
Onde mercalo? Este viño está na nosa web e na nosa tenda, Vide, Vide! (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10) .

**Se tamén queres coñecer a impresión de Lorena Costa sobre este tinto podes facelo aquí.