Eido da Salgosa 2015

Eido da Salgosa 2015

Eido da Salgosa 2015

Eido da Salgosa é unha pequena elaboración de albariño dentro da D.O. Rías Baixas. Produción limitada inferior a 7500 quilos por hectárea, ao redor da metade do permitido, co obxectivo de incrementar a calidade da uva.

As viñas sitúanse en Tomiño, subzona do Rosal, con cepas de 10 a 30 anos na parte baixa da Serra do Argallo. Favorecen a maduración da uva cunha poda de inverno adaptada a cada planta e traballos de poda en verde en verán.

Elaboración sinxela e coidada, cun traballo sobre lías para unha maior lonxevidade do viño. Unha vendima temperá da uva resulta nun viño fresco, de matices e moi recomendábel. Cazapitas son un colectivo formado en viticultura e enoloxía na Granxa en Ponteareas. David, Juan, Noelia e Manolo seguirán dando alegrías. Seguídelles a pista!

Podes mercalo aquí.