Gorgola

Gorgola

Gorgola

Cabana das Bolboretas formouse como proxecto novo en Rías Baixas, no Val do Salnés, a partir dun viñedo familiar en Barro. Con Gorgola puxeron burbullas ás cepas de albariño. Nova elaboración e continuidade xeracional.

Os viños espumantes atopan bos aliados na calidade das variedades de uva galegas e na nosa condición atlántica. A experiencia, aínda breve, irá achegando avances, como xa se ve neste viño. Faise co método tradicional ou “champenoise”, o utilizado na afamada zona francesa de espumantes, Champagne. Provócase unha segunda fermentación do viño dentro dunha botella reforzada, e xenera de xeito natural as frescas e características burbullas de carbónico.

A calidade sube co tempo de crianza en rima, mínimo de 9 meses. O noso extra brut tivo máis de 26 meses de crianza. Hai calidade.

Podes mercalo aquí.