Gorvia 2010

Gorvia 2010

Gorvia 2010

Monterrei. Denominación de orixe relativamente recente e reducida, mais con viticultura xa na época romana. Comarca percorrida de norte a sul por río Támega, que desembocará no Douro. Granito e lousa. Clima atlántico con importante influencia continental.

En 1991 nace o proxecto Quinta da Muradella da man de Xosé Luís Mateo. Obxectivos: recuperar tradicións, coñecer a zona mellor, experimentar ubicacións, variedades de uva e elaboracións. Case unha década de probas ata o primeiro viño no mercado no ano 2000. Hoxe Mateo é unha das grandes referencias da viticultura galega dentro e fóra, por uns viños lonxevos e elegantes.

Gorvia é unha finca situada na ladeira do castelo de Monterrei. Elaborado con bastardo (merenzao), caíño redondo e mencía. Crianza de 14 meses en barricas de carballo francés.

Podes mercalo aquí.