José Aristegui 2014

José Aristegui

José Aristegui

José Aristegui é o nome do avó do viticultor José Luís Aristegui. Plantou as viñas que hoxe traballa o seu neto. Dunha produción para graneis pasou a crear novas marcas cheas de personalidade e calidade. De rapaz pouco lle chistaba o traballo nas viñas, mellor andar a brincar. Agora continúa a tradición e pasa horas na terra entre cepas vellas. Podédelo seguir nas redes sociais. Veredes paixón e respeto á tradición.

 

Monovarietal de godello elaborado na Rúa. Alónxase do perfil comercial dominante. Diferente, e agradécese. Aromática sutil que favorece harmonías gastronómicas e non cansa. Notas de herba seca e cereal. Entrada en boca moi agradábel, e vai pasando amplo, ocupando todo, refrescando, con estrutura e lonxitude. E dura. Un dos Valdeorras brancos máis ricos que probaredes, seguro.