Komokabras tinalla 2016

Komokabras tinalla 2016

Komokabras tinalla 2016

A etiqueta del Komokabras tinalla 2016 inspírase no petróglifo Pedra das Cabras de Figueirido, parroquia de Palmeira en Ribeira. A elección deste gravado prehistórico de dúas hipotéticas cabras con seis patas, ben podería representar tamén o dinamismo desta adega da Pobra do Caramiñal: adega Entreosríos.

Alí José Crusat, o fillo, proba novas elaboracións coa marca KomoKabras; unha cromática colección que acaba de sumar o laranxa ao seu espectro. Falamos dun viño elaborado integramente con uva albariña; fermentado , macerado durante 5 semanas nos seus pelexos, e criado varios meses… todo en tinalla de barro. Nova volta á historia.

A tinalla de 300 litros tanto gustou que poucas das 400 botellas han sobrevivir hoxe. Virán máis. Saudamos a valentía e a paixón dos Crusat para recuperar historia e tradición na Barbanza.