Lorenzo Bescansa 2015

Lorenzo Bescansa 2015

Lorenzo Bescansa 2015

Betanzos é zona de produción vitivinícola cando menos desde a Idade Media. É a área vinícola galega máis ao norte, nas paisaxes dos ríos Mendo e Mandeo, que fai moi meritorio o esforzo dos seus viticultores nunhas condicións climáticas que por veces complican a vendima.

Lorenzo Bescansa apostou á par que outros viticultores novos na actualidade, por dignificar os viños betanceiros con producións de calidade, xa merecedoras de recoñecemento internacional. Elabora o seu viño con variedades de uva branca interesantes e de gran potencial: a branca lexítima e o agudelo (chenin blanc).

Aromática sutil, de baixa intensidade e predominancia de vexetación seca. No paso por boca destaca unha boa acidez que fai o viño fresco e unha intensidade amarga final que prolonga o postgusto e faino persistente.

Podes mercalo aqui.