Mytilus 2015

Mytilus 2015

Mytilus 2015

Segunda anada deste tinto de Rías Baixas. A adega de Sanxenxo: Adega Pombal. As uvas do Condado: sousón e pedral. Súmase ao rexurdir das variedades tintas ancestrais da costa galega. Está para beber litros… con moderación, claro.

Viño atlántico lixeiro, moi fluído, con pouco corpo e alcol. Acidez rica, equilibrada (non sinónimo de ausente), integrada e que achega frescura. Ademáis eses aromas a vexetación e froita silvestre, lembranza de moras, silveiras e un toque balsámico de eucalipto.

Máxima versatilidade na mesa. Por estrutura acompañará ben un prato lixeiro, incluso deses, coma os peixes e mariscos, reservados aos brancos polo dogma. Por acidez limpará e axudará a dixerir con comidas algo máis graxas e untuosas. Servilo cun golpiño de frío (15ºC) nos días de sol, para gozalo máis.

Podes mercalo aquí.