Nomad As Carneiras 2015

Nomad As Carneiras 2015

Nomad As Carneiras 2015

Giuseppe Egitto é un italiano que veu facer viño á Ribeira Sacra, un nómade.

As Carneiras unha finca con viñas recuperadas de máis de 60 anos a 500 metros de altitude en solo granítico, en San Fiz, Chantada.

Cultiva as variedades mencía e garnacha en viticultura natural, preservando o solo e a biodiversidade; e heroica, nas pendentes escalonadas características da zona que impiden a mecanización dos traballos manuais ancestrais.

 

A uva, esmagada cos pés, macerou co raspón tres semanas en cubas de madeira. Fermentou en barrica con levaduras autóctonas e sen control de temperatura. Logo o viño Nomad As Carneiras 2015 foi criado 9 meses en barrica de 500 litros clarificando por decantación, sen filtrar.

A vocación: buscar a maior naturalidade. Nomad sae en cantidades limitadas e en colleitas favorábeis como a 2015.