Os Mecos Hollejos 2015

Os Mecos Hollejos 2015

Os Mecos Hollejos 2015

Os Mecos Hollejos 2015

O ano 2015 foi un novo ano de experimentación para José Luís Aristegui, viticultor da Rúa de Valdeorras. Incorporou dúas novas marcas. Os Mecos son viños libres, atrevidos e espontáneos, de elaboración básica, intuitiva e creativa. Cada un deles está elaborado con uvas dunha única viña.

O Mecos Hollejos é un branco elaborado coma un tinto, macerando o mosto en contacto coas peles ou follos da uva. Extrae aromas, intensidade de cor e outros compoñentes da pel que enriquecen e dan complexidade e consistencia.

Esta elaboración ten unha base tradicional, desprazada hoxe en favor de brancos máis lixeiros e transparentes. Os Mecos tivo unha crianza de varios meses en barrica e despois nunha tinalla de cerámica. Un viño que arrisca e ofrece algo distinto, desde o máximo respecto a quen o bebe.

Podes mercalo aquí.