Nomad As Carneiras 2015

Nomad As Carneiras 2015

Nomad As Carneiras 2015

Giuseppe Egitto é un italiano que veu facer viño á Ribeira Sacra, un nómade.

As Carneiras unha finca con viñas recuperadas de máis de 60 anos a 500 metros de altitude en solo granítico, en San Fiz, Chantada.

Cultiva as variedades mencía e garnacha en viticultura natural, preservando o solo e a biodiversidade; e heroica, nas pendentes escalonadas características da zona que impiden a mecanización dos traballos manuais ancestrais.

 

A uva, esmagada cos pés, macerou co raspón tres semanas en cubas de madeira. Fermentou en barrica con levaduras autóctonas e sen control de temperatura. Logo o viño Nomad As Carneiras 2015 foi criado 9 meses en barrica de 500 litros clarificando por decantación, sen filtrar. Sigue lendo

Komokabras tinalla 2016

Komokabras tinalla 2016

Komokabras tinalla 2016

A etiqueta del Komokabras tinalla 2016 inspírase no petróglifo Pedra das Cabras de Figueirido, parroquia de Palmeira en Ribeira. A elección deste gravado prehistórico de dúas hipotéticas cabras con seis patas, ben podería representar tamén o dinamismo desta adega da Pobra do Caramiñal: adega Entreosríos.

Alí José Crusat, o fillo, proba novas elaboracións coa marca KomoKabras; unha cromática colección que acaba de sumar o laranxa ao seu espectro. Falamos dun viño elaborado integramente con uva albariña; fermentado , macerado durante 5 semanas nos seus pelexos, e criado varios meses… todo en tinalla de barro. Nova volta á historia. Sigue lendo

Viño de Evaristo 2015

Viño de Evaristo 2015

Viño de Evaristo 2015

“Branco tradicional”: a maceración coas peles da uva, como nos tintos, era unha elaboración tradicional nos brancos. Hoxe prénsase a uva no primeiro momento, separando o mosto das peles. O resultado da maceración é un branco con máis “sustancia”, untuosidade, complexidade aromática, e máis intensidade de cor. Esta volta á tradición con elaboracións coidadas, con satisfacción en aromas e gusto, debería desaxustar corpiños nas denominacións de orixe.

París e Evaristo voltaron a Cambados para reabrir a adega familiar, con orixes en 1885. E para recuperar a memoria do albariño do seu pai Evaristo. Adegas Seixido é un novo proxecto con historia e tradición, con viños honestos e auténticos coma este. Sigue lendo