Panchín 2015

Panchín tinto 2015

Panchín 2015

Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei, nada menos. E máis nada? E Betanzos, Barbanza, Morrazo… A xeografía do viño foi e é moito máis. O peso económico marcou a importancia dos territorios. Facer bo viño non entende diso.

Vivimos a revolta de zonas esquecidas con longa tradición histórica. O val do río Navia comprende viñas en Negueira de Muñiz, A Fonsagrada e Navia de Suarna. É produción “da casa” sen máis circuítos comerciais.

Negueira é un paraíso con viños fragantes e maduros de uvas características coma o branco lexítimo, tinto serodo e verdello tinto. Manuel Cancio é pioneiro coa marca Panchín, alcume do seu pai. Despois Nesta Ourela. Adaptou a viticultura ao único dogma que ten: menos cantidade é máis calidade. Probade este seu tinto, con mencía, alí “mencín”.