Para do Pé 2013

Para do Pé 2013

Para do Pé 2013

Toca falar dunha excelencia galega lendaria e centenaria: o viño tostado. De gran tradición e sona no Ribeiro, mais presente tamén historicamente en Valdeorras ou a ribeira de Amandi. É un viño naturalmente doce, de uvas maduras e pasificadas por ventilación, un viño de pasas con crianza habitual en barrica.

O nome Para do Pé rende homenaxe ademais a un lugar mítico e máxico en Francelos, Ribadavia, onde ao longo de 800 anos unha morea de monumentais socalcos de granito acolleron centos de cavaduras de viñedo. Un lugar representado na etiqueta pola ilustradora eslovena Natasha Lelenco, onde aínda fican os restos da adega do avó de Antonio.

Antonio Míguez Amil leva anos pulindo esta xoia coas variedades tintas brancellao, caíño longo e sousón. Un puntiño de frío e… saúde!