Pé de Perdiz 2015

Pé de Perdiz 2015

Pé de Perdiz 2015

Con brancellao, sousón e caíño, faise o bo viño; di o refrán antigo. Esta combinación de uvas autóctonas nun viño tinto, podía ser máis habitual hai décadas na xeografía vitivinícola galega. Hoxe resiste e recupérase no Ribeiro. Mais algúns produtores doutras zonas dan e darán alegrías semellantes. Se engadimos á fórmula o ferrón (ou ferrol), completamos a composición varietal do noso viño.
Pé de Perdiz vén de Berán, pobo con sona popular de bo viño no concello de Leiro, dunha familia con máis de 70 anos de tradición colleiteira. A expresión que lle dá nome, usábase para indicar o momento da vendima cando non se utilizaban instrumentos de medición: a cor roxiza nos sarmentos anunciaba madurez.
É lixeiro, vivo, froiteiro, con frescura natural. É un Ribeiro tinto dos que volven a gustar.

Podes mercalo aquí.