Peza do Rei. O viño de Obama.

Retomamos as catas na Casa das Crechas, cunha degustación de viños e libros e na compaña de Guilherme e Bastardo e o seu crowdfunding, xeniais, pois ben a nós tocounos facer a cata dun gran viño da Ribeira Sacra o Peza do Rei.

Peza do Rei. O viño de Obama.

Fixemos primeiro a cata do branco da adega, que en esencia é un grande godello si ben tamén ten un pouco de Treixadura e Albariño. Os godellos da Ribeira Saca sempre frescos e matizados con esencia do seu terroir, acadando a variedade a súa máxima expresión. Os brancos da D.O. Ribeira Sacra, son os grandes decoñecidos entre os brancos galegos, por unha banda porque a calidade dos brancos galegos de outras denominacións é unha competencia dura e por outra porque a producción da Ribeira Sacra é relativamente pequena.

O certo é que a calidade destes brancos vai en aumento, e son un contrapunto perfecto aos godellos màis quentes de Valdeorras ou Monterrei.
Pero volvamos á cata, despois do branco, un tinto, mencia 100%, gran expectación, creada non polo adegueiro nin pola variedade nin pola etiqueta da botella sinon por un “ilustre” persoeiro que viña de probalo viño facía uns día nos USA, o seu presidente Obama.

Peza do Rei. O viño de Obama.

Resulta un pouco triste enterarnos de que temos grandes viños tintos galegos, porque fóra do pais os empezan a apreciar moito, pero bueno polo menos aproveitemos a coxuntura e fagamos un exercicio de promoción potente como merecen os nosos tintos.

Peza do Rei unha mostra realmente brillante dos mencías da Ribeira Sacra, viño fresco, aromático

pero sobre todo intenso, tanto no nariz como na boca, non pasa desapercibido, e unha vez o probamos, chega para quedar e repetir, na beira do Sil, terroir ao límite capaz de imprimir nos bagos as esencias da súa gloriosa procedencia.

É por tanto moi lóxico que os catadores do Sr Obama seleccionaran este viño como facían noutra época outros catadores para os Césares romanos, a historia repite, teimuda, as boas e xenerosas esencias das nosas terras, aproveitemos pois este agasallo dos deuses e empezemos a valoralos como merecen, hai que probalos, hai que sentilos, temos que disfrutalos.