Quinta Toucedo Pelouro 2015

Quinta Toucedo Pelouro 2015

Quinta Toucedo Pelouro 2015

Quinta Toucedo é o tinto básico da adega Atrium Vitis, Quiroga, Ribeira Sacra. 2015 foi unha colleita cálida, un verán solleiro. Esa calidez xa se nota con moderación no viño ao bebelo. Quiroga tamén é de por si a zona máis cálida da Ribeira Sacra, máis cercana a Valdeorras, e xa con presenza de solos pizarrosos. Neste caso a uva procede das viñas de Caspedro, con solo arxiloso e cantos rodados, pelouros.

Viño cálido? Que quenta, cun pouquiño máis de alcohol, de estrutura e potencia que outros. Máis sol, máis maduración, máis azucres na uva. No nariz atoparedes unha explosión de froita, de viño de verdade, auténtico. Mencía e brancellao. Froita e agarimo. Sabroso e fácil de beber. Ideal para a gastronomía galega do outono.

Javier e Ana buscan, interpretan e avanzan entre as súas viñas de tradición familiar. E fannos coñecer e gozar a súa zona.

Podes mercalo aquí.