Sacabeira 2015

Sacabeira 2015

Sacabeira 2015

Sacabeira (ou píntega) é un vistoso anfibio de cor negra con manchas amarelas inzado de propiedades máxicas nas lendas populares. Tamén o novo viño de Iria Otero, enóloga galega sensible ás tendencias de vangarda.

Albariño con vocación de garda, de envellecemento, favorecida pola meteoroloxía do 2015, fronte ao hábito de consumo de viños do ano. Coidadosa selección de uvas, vinificación do mosto xema, e maceración e crianza de 10 meses en inox nas súas propias lías. Non fixo a fermentación maloláctica.

As uvas de Sacabeira proceden de 3 parcelas de uva albariño do Val do Salnés: de Barrantes, Tremoedo e Castrelo. Viñas de 32, 28 e 45 anos con distintos solos de granito, xabre e esquistos. O viño é reflexo deses solos, alén de agradábeis notas primarias herbáceas, florais e balsámicas. Moi rico.