SELECCIÓN FEBREIRO 2014

 

3 botellas | Viños quentes | 37,75 €

1 ALÁN DE VAL ESCADA

1 CHAN DE OURO

1 TRASTE

Selección 3 botellas Febreiro 2014 club Vide, Vide!

Selección 3 botellas


         6 botellas | Viños quentes | 71€

                          2 ALÁN DE VAL ESCADA

                          2 CHAN DE OURO

                          2 TRASTE

Selección 6 botellas Febreiro 2014 club Vide, Vide!

Selección 6 botellas

 

Viños quentes 

A denominación Valdeorras e a variedade garnacha tintureira ou alicante bouschet, son os denominadores comúns desta selección de viños quentes.

Valdeorras, a denominación galega máis oriental, habitualmente con maduracións en condicións climatolóxicas cálidas, regada polo río Sil.

Unha variedade foránea, con función histórica produtivista non adecuada para a calidade, hoxe está en gran medida substituída por formidábeis variedades autóctonas… mais resiste e acadou un equilibrio interesante co chan galego en forma de cepas vellas. As mans dalgúns viticultores conseguiron así viños intensos en cor, graduados, equilibrados, elegantes e froiteiros. Atípicos nos ricos perfís atlánticos da viticultura galega, mais interesantes e expresivos das nosas extensas capacidades e potencialidades.

 

 

Alan de val Escada. Vide, Vide!

Alan de val Escada

ALÁN DE VAL ESCADA

Ano: 2010

Zona: DO Valdeorras

Produce: Adega Alán SAT

Localidade: A Rúa

Variedades: Garnacha tintureira

Grao alcólico: 14%

Cepas centenarias de moi baixa producción. Viña con orientación sur en pendente. Vendima sobremadura con racimos pasificados. Longa permanencia en depósito e botella. Boa estrutura e evolución.

 

Chan de ouro. Vide, Vide!

Chan de ouro

CHAN DE OURO

Ano: 2011

Zona: DO Valdeorras

Produce: Adega Chan de Ouro

Localidade: O Bolo

Variedades: Garnacha tintureira

Grao alcólico: 14%

Este viño vennos da aldea de Chandoiro, no concello do Bolo. Un tinto moi ben elaborado, elegante e equilibrado.

 

Traste. Vide, Vide!

Traste

TRASTE

Ano: 2011

Zona: DO Valdeorras

Produce: José Luís Aristegui

Localidade: A Rúa

Variedades: Garnacha tintureira e mencía

Grao alcólico: 15%

Cepas centenarias xa “sentadas” sobre pedras. 2 fincas: Trasdeirelas, de lousa con xistos, e A viña de don Pepe, arxila ferrosa sobre cantos. Crianza en carballo francés. Sabroso de froita e frescura . Un trasno.