Setembro 2015

Setembro 2015

Setembro 2015

Chegou setembro. Mes da vendima. A recta final dun ciclo repetido cada ano para encher as nosas copas co froito do traballo, da viticultura, do clima, da terra… Cada ano distinto. Non é virtude nun viño estar todos os anos igual.

Amadeo coida as súas viñas no val de Mourazos, Verín, denominación Monterrei. Están ao pé do castro da Muradella, asentamento romanizado onde se atopou unha estatua de Dionysos, deus do viño e a vendima, asistido na súa ebriedade polo sátiro Ampelos, a vide (museo arqueolóxico de Ourense).

Falamos dun viño con xeracións familiares de tradición vitícola detrás. Da adega Pazo de Valdeconde ten levado o avó moito viño para Vigo décadas atrás. Un viño sinxelamente rico, con moita froita e que non cae rendido á calidez da zona. Nova marca para un viño con historia.

Podes mercalo aquí.