Sin Palabras 2010

Sin Palabras 2010

Sin Palabras 2010

Albariño cunha crianza de 5 anos sobre lías en depósitos de aceiro inoxidable. Uvas vendimadas en 2010. Viño embotellado en 2015. As lías son unha selección dos resíduos sólidos e restos de levaduras da fermentación, das borras máis limpas que precipitan no fondo das cubas. Aportan aos viños corpo, estrutura, densidade. Fan máis cremoso o seu paso por boca, e optimizan a harmonización gastronómica dun branco con pratos máis intensos.

Procede dun viñedo de 7 hectáreas en Fornotilleiro, Camanzo, Vila de Cruces; e está acollido á D.O. Rías Baixas na subzona Ribeiras do Ulla. Detrás hai unha selección manual de acios de cepas de 50 anos que acreditan a tradición familiar de adegas Castro Brey.

Algunha destas 4000 botellas axudará a disfrutar máis os menús que compartas nas vindeiras datas.

Podes mercalo aquí.