SIN PALABRAS 2015

SIN PALABRAS 2015

SIN PALABRAS 2015

Ribeiras do Ulla, do mesmo río Ulla que forma a ría de Arousa, foi a última subzona incorporada á denominación de orixe Rías Baixas. Mais conta con séculos de historia como zona vitivinícola. Detrás das portas con ramallos de loureiro que anunciaban o viño novo na Compostela medieval, despachábanse xa os viños ulláns xunto aos do Ribeiro.

Adega Castrobrey está a 20 km de Santiago, e Sin Palabras é o soño do seu fundador de elaborar un viño coas cepas máis vellas de albariño de Fornotilleiro, en Camanzo, Vila de Cruces. Tres xeracións de tradición familiar acumularon cariño, vocación e vontade firme de demostrar que podían facer bos viños alí.

Sin Palabras é un albariño rico, verdadeiro, nacido dunha froita mimada, expresivo dun solo granítico e dunha paisaxe atlántica singular.

Podes mercalo aquí.