Super Heroe 2012

sermos_superheroe_pequeno

Xosé Lois Sebio é un dos grandes nomes da vangarda dos viños galegos, da vangarda autóctona que mirou á historia e iniciou a revolución, que colleita admiración polo mundo adiante. Sen complexos, con orgullo.

Agricultura natural e extrema, pequenas viñas plurivarietais, castes milenarias, cepas vellas, altitude, coidado e estudo do solo… todo isto está detrás de Viños de Encostas, o seu proxecto persoal máis alá da adega Coto de Gomariz na que é enólogo. Viños con identidade e autenticidade. Super Heroe, di Sebio, “é a loita do diferente contra o globalizado”.

O básico dos seus tintos é tamén graúdo, feito para manter. A froita evidente inicial dá paso a unha complexidade terrosa, floral, especiada e afumada. Amplo, denso, fresco e de taninos suaves. Que os tintos do Ribeiro que!?