Tarabelo 2013

Tarabelo 2013

Tarabelo 2013

 

Arco da Vella produce con fidelidade ás raíces este tinto do Ribeiro.

Arco da Vella é a adega do Eladio, en Beade, un produtor con conciencia plena da historia e da tradición que hai detrás; da dimensión cultural do mundo do viño; do respecto á terra e á viña para non agredila; da calidade que aporta o mimo artesanal.

Tarabelo 2013 conxuga 4 variedades de uva tintas ancestrais: sousón, caíño longo, brancellao e ferrón.

Unha combinación tradicional na zona que permite aos viños harmonizar as notas peculiares e distintas de cada uva, buscando o prezado equilibrio do viño xa desde a viña.

Tarabelo 2013, ten unha crianza de 6 meses en pipas de carballo galego, un paso por madeira que se percibe na cata xunto a notas frutais escuras. Hai intensidade e corpo na boca sen pesadez. Un Ribeiro interpretado por Eladio.